O Cruceiro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo fai referencia á encrucillada en que se atopa o cruceiro que se encontra no barrio de Tuimil, entre o camiño de Rabuñade e a subida ao Outeiro Grande.
A palabra cruceiro ten a súa orixe no latín crux, crucis 'cruz'. A terminación en -eiro, procede do latín -ariu.
Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; por exemplo, lugares concretos onde se estopa un elemento significativo: cruceiro, carreiro, canteira etc.
Os cruceiros non soamente son elementos singulares da nosa cultura e identidade, moi abundantes por todo o noso territorio, senón tamén elementos referenciais da marcación espacial do territorio que orixinan nomes de lugar identificadores na paisaxe: O Cruceiro do Monte Pinal (Rianxo), O Cruceiro da Roza do Carballo (Vilalba), O Cruceiro do Forno (Oímbra), O Cruceiro da Granda (Cospeito) etc.
Na parroquia de Cedeira este topónimo denomina o barrio do Cruceiro, en Chapela atopamos O Cantil de Socruceiro e en Reboreda temos O Cruceiro do Recanto.
En Galicia este topónimo aparece rexistrado en máis de dous mil setecentos lugares.