A Cova
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo é bastante frecuente en Galicia. Procede do latín hispano cova, posiblemente un celtismo, variante ou dialectalización do latín clásico cava, forma feminina de cavus 'oco, cavidade'.
En toponimia pode referirse a unha cavidade ou depresión do terreo; tamén a un abrigo ou mesmo a un terreo afundido. Polo tanto, non nomean de forma exclusiva covas naturais, senón que sinalan ou identifican formas cóncavas ou fondas do terreo.
No barrio da Nogueira existe outro lugar tamén chamado A Cova.
En Redondela temos varios lugares con esta denominación en Cedeira, Cesantes, Saxamonde, Vilar, Cabeiro, Negros ou Quintela, e en diversas variantes diminutivas como Covelo e Coviña.
En Galicia temos rexistrados máis de dous mil setecentos lugares co topónimo Cova e variantes.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Ocho ferrados de labradío regadío, tres de dehesa, y seis de monte, todo de segunda calidad al sitio da Coba (sic), murado". Neste mesmo documento tamén aparecen outros lugares baixo as denominacións de A Cova do Barro e A Cova de Abaixo.