O Coto
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Un coto é parte máis alta dun monte ou promontorio, que presenta normalmente unha forma cónica. A orixe deste topónimo está na base prerromana cott 'pico, elevación'. Sobre esta base derivaríanse outros topónimos como Cotarelo, Cotiño, Picoto, Piricoto, Cotarón etc. Fai referencia a lugares elevados.
Non debe confundirse con Couto, que provén co latín cautu 'protexido, defendido' e que faría referencia a lugares delimitados (couto de caza, couto de pesca).
En Galicia, dada a súa orografía, están rexistrados varios milleiros de topónimos coa forma Coto e derivados.
En Redondela tamén contamos con varios topónimos en diferentes parroquias: O Coto (Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde), Cotarel, Cotiño e Pericoto (Cedeira), Cotarelo (Vilar de Infesta).
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: ?Una casa terrena al sitio do Coto. Tiene?. Neste mesmo documento tamén aparece outro lugar baixo a denominación de Coto da Devesa Nova.