A Costiña
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
A forma Costiña é un derivado de Costa, que significa 'terreo en pendente', que ten a súa orixe no latín costa 'costela, costado, lado'. Esta acepción da palabra costa, co tempo, foi aplicada tamén ás ladeiras ou costados das montañas; de aí o significado de terreo en pendente. Na nosa linguaxe coloquial, cando dicimos "levar algo ás costas", podemos ver a relación directa da palabra costas coa súa orixe no significado en latín como costelas.
A terminación -iña é un sufixo diminutivo que procede do latín -ina. Durante os primeiros séculos da implantación do latín no territorio galaico, o sufixo diminutivo predominante era -elo, -ela, aínda hoxe con notable presenza na nosa toponimia, mais a partir do século XI o sufixo diminutivo predominante pasou a ser -iño, -iña, hoxe en día xa case única na derivación de calquera palabra ao seu correspondente diminutivo.
En Redondela temos A Costiña tamén en Quintela, e outros topónimos sobre a palabra costa en Cabeiro, Cedeira, Negros ou Quintela. En Galicia están rexistrados ao redor de catrocentos topónimos con esta forma, e máis de seis mil topónimos sobre a palabra costa, tanto para as acepcións marítimas como, principalmente, para os desniveis de terreo.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Tres cuartos de ferrado de monte de tercera calidad al sitio da Costiña. Linda".