Costariza
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso
Costariza é un derivado da palabra costa, que ten a súa orixe no latín costa 'costela, costado, lado'. Esta acepción da palabra costa, co tempo, foi aplicada tamén ás ladeiras ou costados das montañas; de aí o significado de terreo en pendente. Na nosa linguaxe coloquial, cando dicimos ?levar algo ás costas?, podemos ver a relación directa da palabra costas coa súa orixe no significado en latín como costelas.
A terminación -riza provén dun dobre sufixo latino -ar-icea, cun posible significado intensificador ou abundancial, como ocorre noutros topónimos con esta terminación: Abellariza, Pedriza, Porcariza, A Pastoriza (de pasto), Trigariza, Toxariza, Vacariza etc.
Polo tanto, Costariza fai referencia a un terreo en costa pronunciada.
En Galicia aparecen rexistrados arredor de quince lugares con esta denominación.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761.