Codesal
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo é un derivado da palabra codeso, un arbusto habitual nos nosos bosques, que tamén se denomina piorno ou cítiso. O seu nome provén do latín cytisu.
A terminación -al provén do sufixo latino -ale, con significado colectivo, para indicar un conxunto de árbores ou arbustos, o lugar onde abundan ou o lugar de cultivo: toxal, carballal, xestal, piñeiral etc.
En Tuimil recóllense dous topónimos con esta palabra: Codesal e O Codesal.
En Cesantes e no barrio da Nogueira no Viso temos rexistrado o topónimo As Codeseiras.
En Galicia existen máis de mil topónimos sobre a palabra codeso, con variantes como A Codeseira (Soutomaior), Os Codesedos (Castro Caldelas), Codesido (O Incio), Os Codesos (Palas de Rei), Codesoso (Sobrado) etc.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, e, anteriormente, no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644.