Cochón
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
O topónimo Cochón é un derivado aumentativo da palabra cocho. En galego, cocho ten varios significados posibles: pode ser un sinónimo de porco; tamén se emprega para designar un acubillo, tanto natural como artificial; e pode ser sinónimo de leira de cultivo.
Estas dúas últimas definicións son as que crean dúbidas na aplicación á toponimia. Hai autores que se inclinan por identificar os lugares que se chaman cocho con acubillos naturais ou rebaixes no terreo. Outros autores, en cambio, defenden que a cantidade tan abundante de lugares que levan este nome non fai posible que todos se refiran a lugares de acubillo. Por outra parte, hai sitios onde se lles chama directamente cochos ás leiras de cultivo. Sen desbotar que nalgúns casos se refira a acubillos naturais, os resultados da abundante presenza deste topónimo na nosa toponimia lévanos a decantarnos polo significado de leira de cultivo. Na documentación histórica da parroquia do Viso atopamos referencias a este significado, como no Troco de bens nas freguesías do Viso e Cesantes, de 1681, onde podemos ler "un cocho de herdade llamado de Couselo, en el lugar de Toimil".
Relacionado con Cocho, no Viso tamén temos o lugar denominado Os Cuchiños, en Tuimil. Ou no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644: "el dicho Domingo Damoedo trae el cocho que se dice y nombra do Canselo".
En Redondela están rexistrados ao redor de trinta lugares con esa denominación. En Galicia, Cochón aparece rexistrado en case cincuenta lugares e son varios centos os topónimos recollidos, con diversas variantes de Cocho: Cochós, Cuchiños, Cocheira, Cochello, A Cocha do Medio etc.