Chorreira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso

O topónimo Chorreira deriva da palabra chorro. A terminación en -eira procede do latín -aria, -ariu. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; por exemplo, para denominar lugares do terreo onde se encontra algún elemento significativo: lameiro, canteira etc. Neste caso unha chorreira sería un lugar por onde discorre auga caendo por unha pendente pronunciada.
A orixe do termo chorro é descoñecida, pero considérase que posiblemente se trate dunha palabra onomatopeica, é dicir, que imita o son ou ruído do elemento ao que se refire: a auga caendo a chorro.