O Charco



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso

Un charco é unha acumulación de auga, máis pequena ca a charca, formada nas fochancas do terreo cando chove. A orixe desta palabra é incerta. Para o autor Joan Coromines comezaría a empregarse polo sur da península, abundante como nome de lugar en Andalucía, A Mancha e sur de Portugal. Polo tanto, a súa orixe podería estar no mozárabe cherco, sobre a base do latín circu 'circo', polo súa forma normalmente redondeada.
En Redondela está rexistrado o topónimo O Charco en Quintela.
En Galicia aparecen recollidos máis de setenta lugares con este nome.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, coas formas O Charco e A Fonte do Charco.