Chan dos Castiñeiros
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
Unha chá (na nosa área lingüística unha chan) é unha extensión plana de terreo, unha chaira. A súa orixe está no latín plana. En galego as palabras máis antigas do idioma perden o N cando vai entre dúas vogais, como ocorre con moitas palabras galegas como lúa (latín luna), area (latín arena), coroa (latín corona) etc.
A progresiva desaparición da consonante nasal N entre vogais pasa por unha fase en que as vogais conservan un rastro nasal; nunha seguinte fase esa nasalización das vogais desaparece completamente (meu irmao, miña irmá, mañá) como ocorre na maior do noso territorio, pero na franxa occidental de Galicia volve reaparecer a consoante nasal N en posición final das palabras (miña irmán, a mañán, a ran, a lan).
O topónimo Castiñeiros designa a árbore que dá castañas. Procede do latín castaneariu, palabra derivada de castanea 'castaña', que á súa vez ten a súa orixe no grego. O termo latino castanea desenvolveu directamente o nome da árbore na palabra castaño, que existe no noso idioma, así como en portugués e en español. Noutros casos, a base castanea foi ampliada co sufixo -ariu, co que se obtivo o derivado castaneariu, do que procede castañeiro e castiñeiro. A aparición do -i- pode deberse á influencia fonética da consoante palatal -ñ- e do ditongo tónico -ei-.
O sufixo latino -ariu, -aria derivou en galego en -eiro, -eira e aplicouse a moitos e variados conceptos do noso léxico, entre eles os nomes das árbores: laranxeira, limoeiro.
En Redondela están recollidas formas toponímicas derivadas da castaña como Castañal (Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde, Vilar de Infesta), Castiñeira (Cedeira, Quintela, Ventosela).
En Galicia existen preto de dous mil topónimos a partir da palabra castaña. Antes da chegada das patacas das Américas, a castaña era o alimento base na nosa alimentación.
Outras chans recollidas no Viso son A Chan (Saramagoso), A Chan da Roza (A Nogueira). A maiores, na documentación histórica da parroquia dos séculos XVII e XVIII tamén aparecen A Veiga da Chan, Sobre da Chan, A Chan da Nogueiriña e A Chan da Roza.