A Chan
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
Unha chá (na nosa área lingüística unha chan) é unha extensión plana de terreo, unha chaira. A súa orixe está no latín plana. En galego as palabras máis antigas do idioma perden o N cando vai entre dúas vogais, como ocorre con moitas palabras galegas como lúa (latín luna), area (latín arena), coroa (latín corona) etc.
A progresiva desaparición da consonante nasal N entre vogais pasa por unha fase en que as vogais conservan un rastro de pronunciación nasal; nunha seguinte fase esa nasalización das vogais desaparece completamente (meu irmao, miña irmá, mañá) como ocorre na maior do noso territorio, pero na franxa occidental de Galicia volve reaparecer a consoante nasal N en posición final das palabras (miña irmán, a mañán, a ran, a lan).
En Redondela este topónimo aparece rexistrado nsa parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde, Vilar de Infesta ou o Viso.
En Galicia a alta densidade e extensión está en proporción a gran presenza que tamén ten o noso concello con varios milleiros de topónimos e variantes.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, A Chan, e outros nomes de lugar compostos a partir desta palabra (A Veiga da Chan, Sobre da Chan). Anteriormente, no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644, aparece tamén este topónimo nas composicións A Chan da Nogueiriña e A Chan da Roza.