O Castro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
Un castro é a denominación que lles damos aos lugares onde existe ou existiu unha aldea fortificada da Idade do Ferro (desenvolvidos entre o século VIII antes da nosa era e o século IV da nosa era). Esta palabra ten a súa orixe no latín castru 'poboado fortificado'. En Redondela temos, polo momento, dous castros catalogados: o castro da Peneda e o castro de Negros. A enorme densidade de castros existentes por todo o primitivo territorio galaico do noroeste peninsular reflíctese na toponimia con máis de catro mil formas rexistradas en Galicia a partir da palabra castro. Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761 ("Un cuarto ferrado de labradío secano de segunda calidad al sitio do Castro"), así como a súa variante en diminutivo O Castriño ("Un cuarto ferrado de monte de tercera calidad al sitio do Castriño").