Castrizán
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Castrizán provén da palabra castro, con orixe no latín castru que significa 'poboado fortificado'. Esta palabra provén do xentilicio latino castritianus 'pertencente a un castro'.
Este xentilicio deu tamén lugar a un nome propio, así como apelido, que se atopa desde os comezos do cristianismo. Por exemplo, San Castriciano, no sésculo III.
Nos documentos históricos aparece escrito con ç: Castriçan.
Castrizán é o nome que recibía a fortaleza que existiu no alto do monte da Peneda, destruída por Pedro Madruga no século XV. Esta fortaleza atopábase sobre o cumio do castro do monte da Peneda.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, cunha vacilación ortográfica en que unhas veces aparece escrito con c en lugar de ç: Castricán/Castriçán. Anteriormente, no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644, aparece tamén este topónimo, así como no Preito entre o marqués de Mos e os veciños da freguesía do Viso, de 1692.