Os Carballos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
A orixe da palabra carballo é incerta, aínda que os diferentes autores coinciden en que sería prerromana, moi asentada en todo o territorio galaico antes da chegada do latín para denominar esta árbore tan común a abundante, polo tanto, con máis de dous mil anos de antigüidade no noso vocabulario. Hai autores que a fan derivar da palabra base prelatina carba, á que se lle engadiría o sufixo -aliu que formaría a palabra carbaliu e posteriormente carballo, de igual maneira que do latín filiu provén o termo fillo. A palabra latina que trouxeron os romanos á península deriva de robore, que deu en castelán "roble", pero que non temos como palabra galega na actualidade, aínda que si deixou pegada na toponimia con formas como o da nosa Reboreda, Rebordaos, Rebordiño, Rebordechao etc.
En Redondela aparecen rexistrados O carballo (Negros), O Carballo Longo (Cedeira) ou o Prado do Carballo das Cen Pólas (Reboreda). Na súa variante diminutiva, O Carballiño nomea un dos barrios da parroquia de Cesantes, así como os lugares do Carballiño e a Punta do Carballiño en Cedeira.
En Galicia aparecen rexistrados máis de dous mil douscentos topónimos a partir da palabra carballo. Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar o topónimo en diminutivo Os Carballiños no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761.