Os Loureiros
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta
O substantivo loureiro é como se designa en galego á árbore Laurus nobilis que deriva do nome latino LAURARIU. É moi habitual na toponimia galega: son derredor de cen as localidades que insiren no seu topónimo este lexema. O seu emprego é debido á abundancia de loureiros na nosa flora, sobre todo en cotas baixas próximas ao mar onde as temperaturas son suaves e a humidade favorece. Na parroquia de Vilar de Infesta xa se documenta no Catastro de Ensenada (1756) o topónimo "Loureles" en referencia a unha casa. Este termo plural está formado sobre a base lexical castelanizada lourel (en castelán laurel) á que se aplica a norma estándar da formación do plural do español das palabras rematadas en -l.