O Cano



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso

Un cano pode referirse a varios conceptos. Pode nomear un leito artificial para que corra a auga (tamén se denomina unha canle, unha quenlla, ou unha cal); tamén pode designar calquera rego artificial para a auga ou outros líquidos; e tamén pode nomear calquera tubo para conducir líquidos. A palabra cano provén do latín cannu 'conduto'. En Redondela temos outros topónimos que conteñen esta palabra: Os Canos (Cabeiro), O Cano (Cedeira, Cesantes, Saxamonde) O Cano da Pedra (Reboreda). En Galicia podemos atopar máis de oitocentos topónimos con esta palabra por todo o territorio.