O Campo de Arriba



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso

Este topónimo ten a súa orixe no latín campu. As palabras campo, leira e veiga son as máis comúns para designar o lugar de plantación que rodea as casas e lugares. No noso concello campo é un dos topónimos máis numerosos. En moitas ocasións vai seguido doutras palabras, coma neste caso, que especifican as súas características, a persoa posuidora ou a súa situación na topografía: Campo de Arriba.
No Viso atopamos outras formas deste topónimo: O Campo, Os Campos e O Campo de Saramagoso (Saramagoso), O Campiño (A Nogueira).
Por outros lugares de Galicia atopamos variantes como Campelo (diminutivo), Campeliño (con dobre sufixo diminutivo), Camposa, Campocelo, e en innumerables composicións como Campo da Longra (Cedeira), Campo da Roda (Reboreda), Campolongo ou Campochán.