O Campo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso

Este topónimo ten a súa orixe no latín campu. As palabras campo, leira e veiga son as máis comúns para designar o lugar de plantación que rodea as casas e lugares. No noso concello campo é un dos topónimos máis numerosos. En moitas ocasións vai seguido doutras palabras, coma neste caso, que especifican as súas características, a persoa posuidora ou a súa situación na topografía: Campo de Arriba.
No Viso atopamos outras formas deste topónimo: O Campo, Os Campos e O Campo de Saramagoso (Saramagoso), O Campiño (A Nogueira).
Por outros lugares de Galicia atopamos variantes como Campelo (diminutivo), Campeliño (con dobre sufixo diminutivo), Camposa, Campocelo, e en innumerables composicións como Campo da Longra (Cedeira), Campo da Roda (Reboreda), Campolongo, Campochán etc.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, e, anteriormente no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644.