Bouzas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso
O topónimo Bouza é moi abundante en Galicia, con milleiros de aparicións por todo o noso territorio. Aparece baixo numerosas variantes (Bouzón, Bouciña, Boucela, Boucella, Boucido etc. ) e en formas compostas (Bouza Fría -en Cesantes-, Bouza Longa -en Cedeira-, Bouza Boa, Bouciña Redonda etc.). Non obstante, a súa orixe é controvertida e incerta. Hai autores que lle atribúen unha orixe prerromana e outros unha orixe latina. Nos documentos medievais a forma máis habitual é Baucia ou Bautia. A palabra bouza fai referencia a terras incultas con vexetación de matogueiras ou monte baixo.
A partir da palabra bouza formáronse apelidos toponímicos de persoa como Bouzón, Bouzas, Bouzada etc.
Na documentación histórica relativa ao Viso no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, aparece escrito con ç un lugar denominado A Bouça.