A Bouza
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
O topónimo Bouza é moi abundante en Galicia, con milleiros de aparicións por todo o noso territorio. Aparece baixo numerosas variantes (Bouzón, Bouciña, Boucela, Boucella, Boucido etc. ) e en formas compostas (Bouza Fría -en Cesantes-, Bouza Longa -en Cedeira-, Bouza Boa, Bouciña Redonda etc.). Non obstante, a súa orixe é controvertida e incerta. Hai autores que lle atribúen unha orixe prerromana e outros unha orixe latina. Nos documentos medievais a forma máis habitual é Baucia ou Bautia. A palabra bouza fai referencia a terras incultas con vexetación de matogueiras ou monte baixo.
A partir da palabra bouza formáronse apelidos toponímicos de persoa como Bouzón, Bouzas, Bouzada etc.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, escrito con ç como A Bouça: "Medio ferrado de labradío regadío de segunda calidad al sitio da Bouça. Linda Levante y Poniente Jacovo Castellano".