Barreiros



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso

Este topónimo denomina os lugares onde existe barro. A palabra barro posiblemente sexa prerromana. A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ariu. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados. No caso da palabra que nos concirne, barreiro, o sufixo -eiro engadiríalle un significado locativo que indica lugar onde se atopa algo, como en canteira, pedreira, fronteira etc.
En Galicia existen máis de mil cincocentos lugares rexistrados con este topónimo.
En Redondela atopamos o topónimo Barreiros en Cesantes.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Un sexto ferrado de labradío secano de segunda calidad al sitio de Barreiros".