O Barral



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso

Este topónimo denomina os lugares onde existe barro. A palabra barro posiblemente sexa prerromana.
A terminación -al provén do sufixo latino -ale, con significado de abundancia: barral, seixal, pedral ou pedregal etc.
Esta terminación é máis común atopala aplicada a árbores, arbustos e plantacións, para indicar un conxunto de árbores ou arbustos, o lugar onde abundan ou o lugar de cultivo: carballal, xestal, toxal, herbal etc.
En Galicia existen máis de douscentos cincuenta topónimos rexistrados con este nome.