A Apartada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso

Este topónimo nomea leiras e terras que quedan distantes da casa ou lugares limítrofes da parroquia. A palabra Apartada provén do latín apartata, participio verbal dun infinitivo apartare creado a partir do latín pars, partis 'parte, porción', ao que se lle engade o prefixo latino ad- co sentido de dirección. De aí o significado de apartar como separar, distanciar algo.
Hai dez topónimos rexistrados en Galicia con esta mesma denominación, case todos para nomear terras e unha para o nome dunha entidade de poboación en Cambre.
Nun documento medieval aparece esta palabra con este mesmo significado aplicado a lugares apartados ou distantes: Et aqueles altares cobriaos h? monte sombroso et h?a silva apartada como de poridade. Historia Troiana de Afonso X, 1350. Na documentación histórica relativa ao Viso podemo atopar este topónimo no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644, e, posteriormente, no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761.