As Ameixeiras
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
A ameixeira é a árbore froiteira que produce ameixas. A palabra ameixa, orixinalmente en latín dicíase prunus (Prunus domestica). Unha das súas variedades era a damascena pruna 'ameixa de Damasco'. De aí, coa perda da letra d inicial (fenómeno denominado aférese, que se dá noutras palabras como bodega < apoteca, inda < aínda, namorar < enamorar etc.; ou en nomes de lugar como Mérida < Emerita, Lisboa < Olisipona). Na palabra latina inicial damascena tamén se produciu outro fenómeno fonético ao pasar ao noso idioma bastante común nas palabras máis antigas da nosa lingua: a desaparición do n cando vai entre dúas vogais, como ocorre en palabras como lúa (latín luna), mosteiro (lat. monasteriu), soar (lat. sonare) etc. Estes procesos fonéticos provocaron que do latín damascena teñamos hoxe en día a palabra ameixa. Con respecto á palabra ameixeira, a terminación en -eira procede do latín -aria, -ariu. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; neste caso, para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira etc. En Galicia aparecen rexistrados máis de catrocentos topónimos derivados da palabra ameixa: Ameixide (Castro de Rei), Ameixido (Xermade), Ameixoeira (Entrimo), Ameixigueira (Lobios) ou Ameixenda (Riós). Na documentación histórica relativa ao Viso podemo atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: Un cuarto ferrado de labradío regadío de segunda calidad al sitio das Ameijeiras. Linda Levante Joseph de Sobral, Poniente y Norte murado".