O Alto do Viso



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso

O Alto do Viso, refírese ao lugar onde se atopa o núcleo principal do Viso. Un alto é un lugar da topografía situado nun plano máis elevado con respecto ao territorio que o circunda. Provén do latín altu 'elevado, alto', e sobre esta base latina formáronse outros topónimos da nosa xeografía como Outeiro das Penas (Cesantes), O Outeiriño (Cedeira) ou Outide (Cedeira). As palabras alto, alta están presentes noutros toponimos como O Alto de Ostrás e A Rúa do Alto (Cesantes) ou A Rúa Alta e Beira Alta (Reboreda).
O Viso nomea lugares altos con amplitude de vista sobre a paisaxe. Provén do latín vissu, participio do verbo videre 'ver'.
En Galicia existen máis de trescentos topónimos creados a partir da palabra Viso: A estibada do Viso, A Eira do Viso, A Pena do Viso ou O Monte do Viso.