antreleiras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Este topónimo formouse a partir da contracción Entre Leiras ou Entre as Leiras, e fai referencia como indica o seu nome a un lugar que queda no medio de leiras. Xa aparece rexistrado no século XVII, en 1672 nun documento titulado Concordia nun preito pola propiedade da herdade da "Entreleira" en San Pedro de Cesantes.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, aparece rexistrado como "Entre la Leira" e "Entre las Leiras". Neste mesmo documento tamén aparecen outras propiedades con esta mesma construción coa preposición "entre": "Entre as Viñas", Unha leira é un terreo de plantación ao que tamén denominamos unha veiga ou mesmo un eido, con este significado.
Non hai unanimidade en canto á orixe desta palabra tan popular no noso vocabulario. Hai autores que lle atribúen unha orixe prerromana, posiblemente un celtismo a partir dunha forma anterior *plarea 'chan'. Nas linguas célticas o p- inicial pérdese. Polo tanto, para algúns autores as nosas leiras entroncan co céltico lar ou laria, 'terreo chairo'. En cambio, en latín este p- inicial non se perde e derivaría en *planus 'campo, terra chaira'. En textos medievais galegos atopámola escrita como larea.
En Cesantes tamén recollemos topónimos con esta mesma construción coa preposición "entre": Entre as Viñas.
En Galicia aparece de forma abundante por todo o territorio baixo diferentes variantes derivadas como Leiro, Leirado, Leiradiño, Leiriña etc.