Os Carrizás
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta
Por carrizo podemos referirnos á planta que vive en zonas húmidas ou á ave pequeniña de cor parda. No caso de Vilar de Infesta, como na maioría de exemplos da toponimia galega, refírese á primeira opción. De acordo con isto, a orixe da palabra está no latín CARRICALEM, que nas formas máis antigas daría Carregal. Pola contra, de época máis próxima a nós son a formación dos colectivos Carrizal ou Carriceira. No Catastro de Ensenada (1756) aparecen como "Das Carrizas", situado no lugar das Cañoteiras, presentando un xénero feminino. A alteración de xénero fainos dubidar a que realidade se refería en orixe: o terreo con abundancia de carrizo ou ao terreo onde había o paxaro carrizo.