As Cañoteiras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

Cañoteira é un derivado de canoto ou cañoto, substantivo polisémico. Isto é, pode referirse ao talo ou parte do talo dalgunhas plantas, á parte central dura e carnosa dalgunhas follas, coma as verzas, á parte interior da mazaroca ou ao carozo de froitas coma as mazás. No Catastro de 1756 referéncianse en singular "sitio da Cañoteira" adscrito a unha devesa e un souto; e na forma en plural "sitio das Cañoteiras", indica que é dunha propiedade. Actualmente distínguese As Cañoteiras no Camiño das Cañoteiras.