Os Amieiros
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta
O substantivo amieiro (Alnus glutinosa) é unha "árbore da familia das betuláceas, que pode acadar os vinte metros de altura, de copa moi poboada, con follas arredondadas e dentadas, flores en amento, casca de cor parda e madeira de cor clara, moi dura e lixeira". Rexístrase no Catastro de Ensenada como "Amieiro" unha terra de labradío de secano e actualmente con morfema plural Os Amieiros. Atópase no lugar das Cañoteiras. É posible que a forma en singular destaque algún exemplar dentro do conxunto pero que co paso do tempo foi perdendo referencialidade.