O Vimbieiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes

O vimbieiro (Salix criminalista) é un arbusto abundante en Galicia e que recibe diferentes nomes: vimbieira, vimieiro ou vimeira. As pólas reciben o nome de vimbios, vimbias, vimios ou vimes. A orixe do topónimo Vimbieiro está no latín viminariu, derivado á súa vez do latín clásico vimine.
O termo latino vimine foi ampliado na maior parte dos territoiros co sufixo -aria, -ariu, co que se obtivo o derivado viminaria, viminariu, do que proceden as diferentes variantes expostas ao principio. O sufixo latino -ariu, -aria derivou en galego en -eiro, -eira e aplicouse a moitos e variados conceptos do noso léxico, entre eles os nomes das árbores: laranxeira, limoeiro.
En Galicia están rexistrados máis de oitenta topónimos con calquera das catro variantes referidas arriba.