O Valado de Arriba



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Un valado ou valo é un muro de peche ou cerramento, normalmente de pedra. De forma xeral, valado tamén nomea os muros de contención entre socalcos. A palabra valado deriva de valo e ten a súa orixe no latín vallu 'muro, valo, estacada'. Vallatu 'cercado, valado' é o participio do verbo vallare 'cercar, protexer cun valo'. En Galicia é un topónimo moi abundante, con centos de localizacións e variantes todo o territorio: Valadares, A Valada, Valadiña, Os Valadosos, Suvalado, O Valadeiro etc. En Redondela atopamos Os Valos (Saxamonde), A Valada (Cabeiro, Saxamonde), Valadiñas (Cedeira). No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes o topónimo O Valado.