O Sobreiro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Sobreiro é a denominación pouco frecuente en masculino da árbore que de forma maioritaria e normativa se chama sobreira en Galicia. Tanto sobreiro como sobreira (Quercus suber) proveñen do latín SUBERARIA, derivado á súa vez do latín clásico SUBER. O termo latino SUBER foi ampliado na maior parte dos territorios co sufixo -ARIA, -ARIU, co que se obtivo o derivado SUBERARIA, SUBERARIU, do que procede sobreira, sobreiro. O sufixo latino -ARIU, -ARIA derivou en galego en -eiro, -eira e aplicouse a moitos e variados conceptos do noso léxico, entre eles os nomes das árbores: laranxeira, limoeiro. Normalmente nomea árbores illadas. Cando aparecen formando un bosque as denominacións colectivas que se empregan de forma maioritaria por Galicia son sobral (sobre o latín clásico SUBER), sobreiral, sobredo e mesmo Sobroso e Sobrosa. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.