A Rotea
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Ten o significado de ?terras que se comezan a labrar despois de rozar e queimar o monte?. Mediante este labor, deforestábase o monte queimándoo para cultivar.
Rotea ou Arrotea, Cachada, Rozada, Cavada, Vesada, Estibada, Asucada, Noval etc. son topónimos que conservamos na actualidade relacionados coas diferentes formas de chamarlle a ese labor. Un traballo que cobrou unha especial intensidade a partir do século XVII coa implantación cada vez maior dos novos produtos chegados de América.
Rotea pode provir do verbo coloquial latino *ruptiare, co significado de 'cortar, rozar', derivado do verbo latino rumpere 'romper'. Curiosamente, no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, empregábase este verbo "romper" para significar o que hoxe son as roteas: "El mismo ferrado de los [montes] abiertos comunes de primera calidad se pueden romper de veinte a veinte años". Do verbo *ruptiare provén tamén a palabra actual rozar, coa que podemos relacionar os substantivos roza e rozada.
Para Cesantes, no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, aparece escrito de dúas formas: A Rotea e A Arrotea.
Estas dúas variantes, Rotea e Arrotea, aparecen recollidas en máis de douscentos lugares de Galicia. En Redondela tamén está presente na parroquia de Reboreda.