A Roleira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Hai máis dunha posibilidade para o significado deste topónimo. Por unha parte, pode derivar do nome da ave coñecida como rola, de igual xeito a como ocorre con nomes de lugares onde viven ou se acubillan animais: corveira, toupeira, teixugueira etc.
Por outra parte, tamén podería ser variante de roleiro, roeiro: nuns lugares é sinónimo de arró, cómaro, comareiro; noutros lugares é sinónimo de leira, franxa de terra estreita ou pequena; noutros sitios é sinónimo de ribazo, rebouza, terreo en pendente ou en caída (rolar: rodar por unha pendente).
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.