A Rochela
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes
A Rochela é un topónimo formado a partir da palabra rocha, que en galego actual é sinónimo de roca.
Algúns autores pensan que ten a súa orixe no latín medieval rocca. Hai tamén autores que postulan que a palabra é prerromana e que se incorpora ao latín medieval posteriormente. En latín clásico existía a voz rupes 'rocha, penedo', que outros autores pensan que puido derivar ata transformarse na actual palabra roca/rocha. En definitiva, unha palabra tan popular e estendida pola Europa occidental ten unha orixe incerta que motiva diferentes teorías ao respecto.
A terminación -ela é un sufixo diminutivo que se refire ao seu tamaño pequeno. Durante os primeiros séculos da implantación do latín no territorio galaico, o sufixo diminutivo predominante era -elo, -ela, aínda hoxe con notable presenza na nosa toponimia, mais a partir do século XI o sufixo diminutivo predominante pasou a ser -iño, hoxe en día xa case única na derivación de calquera palabra ao seu correspondente diminutivo.
En Galicia constátanse sobre unha vintena de topónimos Rochela, Rochelo e con dobre sufixación diminutiva Rocheliña.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.