A Lagoa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

A lagoa é o resultado do latín LACUNAM con moita presenza na toponimia galega. A Lagoa e As Lagoas con morfema plural (situada no Camiño da Grela) son as únicas que se referencian no Catastro de Ensenada como "De Lagoa" e "De Lagoas". Hai outros topónimos en Vilar que fan referencia a ela: A Lagoa de Pedro Morto, Lagoa de Mouca, Lagoa da Quinta e A Lagoa Grande.