O Resío
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O resío, na topografía, é a franxa de terreo que bordea o lindeiro dunha propiedade. Tamén se denomina resío o espazo que bordea a casa.
A orixe desta palabra está no latín residuu 'residuo, resto'.
Non debemos confundir esta palabra coa que denomina as pingas que deposita a humidade da noite, que, ademais de resío, tamén se lle pode chamar orballo ou rosada.
O topónimo Resío para referirse aos terreos está rexistrada en case un centenar de lugares en Galicia.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo, escrito con "z", o que indica a existencia dunha contracorrección fonética: ao interpretar o ?s? como un seseo, moitos falantes converten o "s" en "z", como ocorre en palabras actuais como *zalouco en lugar da normativa salouco, ou *pallazo en lugar de pallaso etc.