A Rega



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes

É un derivado de rego que alude á abundancia de canles ou regos de auga. Tamén se entende a palabra rega como a acción de regar. Na toponimia refírese normalmente a lugares por onde discorre a auga, canalizada ou natural e terreos angostos por onde circula unha corrente de auga. Así mesmo, este topónimo tamén aparece vinculado a terreos húmidos ou pantanosos. Sobre a súa orixe, algúns autores atribúenlle unha procedencia prerromana a partir da raíz *rek-. Para outros autores tería orixe no latín riga, que habería que poñer en relación co propio verbo latino rigare 'regar'. En Galicia é un topónimo moi abundante e espallado por todo o territorio. En Redondela atopamos As Regadas (Cedeira), A Regadiña (Cedeira), Lugar da Rega (Saxamonde). En Cesantes xa aparece recollido con esta forma no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763.