O Redondo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes
A orixe deste topónimo está no latín ROTUNDUS "redondo", derivado á súa vez do latín ROTA "roda". Normalmente fai referencia a propiedades ou lugares da paisaxe que presentan unha forma redondeada. En Redondela temos varias parroquias onde figura este topónimo: Redondo (Cedeira, Quintela, Vilar de Infesta ou O Viso), Redonda (Negros, Quintela). O propio topónimo que nomea o noso concello Redondela, provén dunha forma diminutiva rematada en -ela da palabra redondo. En Galicia, estas formas redondeadas dos terreos ou da orografía da paisaxe está presente por todo o territorio con máis de dous mil douscentos topónimos rexistrados. Como curiosidade, podemos indicar que en Galicia están rexistrados tamén máis de corenta lugares que se chaman Redondela.