Os Agoeiros



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

Este topónimo está relacionado coa palabra auga, a partir da variante agoa (viva no galego medieval), e formado co sufixo -eiros. Polo tanto, este topónimo designa un lugar onde abunda a auga.En varios dicionarios tamén se recolle a acepción de Agoeiros como "pequeno cauce para regar os prados" (Leandro Carré Alvarellos, 1951).