Punta Sobreiro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O topónimo Punta aplicase á terminación apuntada da costa sobre o mar. A orixe da palabra está no latín puncta "estocada", que deriva á súa vez do verbo latino pungere "punzar".
Sobreiro é a denominación pouco frecuente en masculino da árbore que de forma maioritaria e normativa se chama sobreira en Galicia.
Tanto sobreiro como sobreira (Quercus suber) proveñen do latín suberaria, derivado á súa vez do latín clásico suber. O termo latino suber foi ampliado na maior parte dos territorios co sufixo -aria, -ariu, co que se obtivo o derivado suberaria, suberariu, do que procede sobreira, sobreiro. O sufixo latino -ariu, -aria derivou en galego en -eiro, -eira e aplicouse a moitos e variados conceptos do noso léxico, entre eles os nomes das árbores: laranxeira, limoeiro etc.
Normalmente a sobreira nomea árbores illadas. Cando aparecen formando un bosque, as denominacións colectivas que se empregan de forma maioritaria por Galicia son sobral (sobre o latín clásico suber), sobreiral, sobredo e mesmo sobroso e sobrosa. En Redondela están recollidos Sobreiro en Cedeira, As Sobrosas en Saxamonde, Sobreiral e O Sobreiro no Viso, Cavadoiña do Sobreiro en Ventosela.
En Galicia están rexistrados máis de cincocentos lugares como topónimos a partir do nome desta árbore.
Esta forma en masculino Sobreiro aparece xa recollida no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de mediados do século XVIII en Cesantes.