Ostrás
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Ostrás é o plural da palabra ostral, que significa lugar abundante en ostras. O termo ostra provén do latín OSTREA, con ese mesmo significado. O sufixo que se lle engade terminado en -al dálle un valor abundancial, como en toxal, piñeiral, herbal etc. O plural destas palabras agudas rematadas en -al deu en galego varias solucións. A formación plural orixinal (ostrales, toxales, piñeirales) perde, no galego máis antigo, o L intervocálico (como en tantas outras palabras como muíño < MOLINU, vixiar < VIGILARE, pau < PALU etc.). Esta perda do L intervocálico levou unha primeira aparición dun plural rematado en dúas vogais: *ostraes, *toxaes, *piñeiraes, que posteriormente presentaron unha dobre evolución. Na zona oriental de Galicia pasou a rematar en -ais (ostrais, toxais, piñeirais) e no resto do territorio reduciuse a unha soa vogal: ostrás, toxás, piñeirás. O galego actual tomou como normativa a terminación -ais. A terminación en -ás aínda se conserva na fala nalgúns lugares de Galicia en palabras como catedrás, reás (que mesmo monotonga en ras) etc. Pero, pola contra, a toponimia garda esta terminación en moitas denominacións de lugares: Os Carrizás (Vilar de Infesta), Currás, Xuncás, Viñás, Trigás, Toxás etc. O topónimo Ostrás, en ocasións, aparece erroneamente escrito separado en dúas palabras Os Tras. Este erro débese ao que se chama unha falsa segmentación de artigo, xa que ao perderse o significado orixinal do topónimo, interprétase a primeira parte da palabra como un artigo. No documento titulado Aprobación de venta a favor de Francisco de Santabaia (1559) xa aparecer rexistrado este topónimo en Cesantes.