Novás
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo deriva da palabra novo. Novás é o plural de noval. A orixe está no latín novu, ao que se lle engade o sufixo -ale cun significado abundancial ou colectivo, como aparece en toxal, carballal, xestal etc.
O plural destas palabras agudas rematadas en -al deu en galego varias solucións. A formación plural orixinal (novales, ostrales, toxales, piñeirales) perde, no galego máis antigo, o L intervocálico (como en tantas outras palabras como muíño < molinu, vixiar < vigilare, pau < palu etc.). Esta perda do L intervocálico levou unha primeira aparición dun plural rematado en dúas vogais: *novaes, *ostraes, *toxaes, *piñeiraes, que posteriormente presentaron unha dobre evolución. Na zona oriental de Galicia pasou a rematar en -ais (novais, ostrais, toxais, piñeirais) e no resto do territorio reduciuse a unha soa vogal: novás, ostrás, toxás, piñeirás.
O galego actual tomou como normativa a terminación -ais. A terminación en -ás aínda se conserva na fala nalgúns lugares de Galicia en palabras como catedrás, reás (que mesmo monotonga en ras) etc.
Pero, pola contra, a toponimia garda esta terminación en moitas denominacións de lugares: Os Carrizás (Vilar de Infesta), Currás, Xuncás, Viñás, Trigás, Toxás etc.
Con esta terminación, en Cesantes temos rexistrados os topónimos Ostrás, Novás e Pedrás. En Vilar de Infesta tamén aparece o topónimo Os Carrizás.
O topónimo Novás aplícase a terras que son de novo cultivo, en numerosas ocasións gañadas a zonas rozadas de monte. Estas novas terras gañadas para plantaación reciben numerosos nomes na nosa toponimia: Rotea ou Arrotea, Cachada, Rozada, Cavada, Vesada, Estibada ou Asucada. Son topónimos que conservamos na actualidade relacionados coas diferentes formas de chamarlle a ese traballo agrícola. Este labor cobrou unha especial intensidade a partir do século XVII coa implantación cada vez maior dos novos produtos chegados de América.
En Galicia tamén atopamos este topónimo baixo outras formas variadas como As Anovadas, Os Novais, Novaisiño, Noval etc.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece recollido en Cesantes este topónimo.