A Monteira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O topónimo Monteira deriva da palabra monte e refírese a unha elevación ou desnivel pronunciado do terreo. Este lugar, en concreto, está situado na pronunciada baixa que vai desde a estrada nacional N-550 para a punta da praia, pola rúa dos Castiñeiros. No fondo da baixada, xunta a vía do tren, temos tamén a denominada fonte da Monteira.
A palabra monte provén do latín montem 'monte'. A forma derivada Monteira presenta un sufixo -eira que procede do latín -aria. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados. Neste caso, fai referencia a lugares significados na topografía: outeiro, pedreira, ladeira, ribeira etc.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece recollido en Cesantes este topónimo.