A Mellora



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes

A mellora é a parte da herdanza que se lle deixa a un dos fillos ou fillas a maiores da que lle correspondería como lexítima. Favorécese normalmente o descendente que queda na casa ao coidado dos pais. Esta mellora equivale normalmente a unha terza ou quinta parte do total da herdanza.
A orixe desta palabra está no latín meliora 'mellora'.
En Galicia pode aparecer baixo as formas Mellora, Mellorada, Mellorado, Horta de Millorado, Millora, esta última na zona occidental do noso territorio, onde transformamos en moitas palabras un e en sílaba átona inicial en i: *pior, *midir, *millor etc.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo como Millora.