A Leira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Carballiño
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Unha leira é un terreo de plantación ao que tamén denominamos unha veiga ou mesmo un eido, con este significado. Non hai unanimidade en canto á orixe desta palabra tan popular no noso vocabulario. Hai autores que lle atribúen unha orixe prerromana, posiblemente un celtismo a partir dunha forma anterior *PLAREA "chan". Nas linguas célticas o p- inicial pérdese. Polo tanto, para algúns autores as nosas leiras entroncan co céltico LAR ou LARIA, "terreo chairo". En cambio, en latín este p- inicial non se perde e derivaría en *PLANUS "campo, terra chaira". En textos medievais galegos atopámola escrita como larea. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.