As Lagoas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Este é un topónimo con moita presenza en toda Galicia motivado pola orografía dos terreos, o que permite a acumulación da abundancia de auga que existe ao longo do ano.
Pode nomear a existencia dunha lagoa como tal ou de terreos con abundante auga.
A súa orixe está no latín lacuna. Na evolución da palabra no noso idioma, o -N- intervocálico desaparece, como lles ocorre a moitas das palabras máis antigas da nosa lingua como moeda (lat. moneta), lúa (lat. luna), soar (lat. sonare).
En Galicia están recollidas máis de dous mil topónimos con esta base léxica, a partir da cal se desenvolven variantes como Laguiña, Lagoeiro, Lagoela etc.
En Redondela tamén ten unha gran presenza nas nosas parroquias: Cabeiro, Cedeira, Negros, Quintela, Saxamonde, O Viso ou Vilar de Infesta.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo, e, anteriormente, no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644, aparece na súa forma singular A Lagoa, lindando co topónimo veciño Campos da Ribeira.