A Furna
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes
En Cesantes temos dous lugares que presentan esta denominación: o camiño da Furna, no barrio do Carballiño, que parte da estrado do Carballiño, xunta o bar O Cazador e remata nas vías do tren, atravesando unha zona de campos; e no monte Cabaleiro, no barrio de Outeiro das Penas, por encima do camiño das Codeseiras, nunha zona de monte e bosque. A palabra furna denomina cavidades subterráneas que existen nos montes, en zonas de campos ou na costa marítima. Ten a súa orixe no latín FURNU "forno", pola súa forma. Con este topónimo tamén se relaciona o denominado como Fornelos. En Galicia están rexistrados máis de trescentos cincuenta lugares co topónimo furna e derivados.