A Veiga
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta
Veiga é un substantivo de orixe prerromana, compartida tamén polo portugués e español (vega) de significado orixinariamente hidronímico, que designa aquelas terras cultivadas situadas a carón dun curso de auga. Segundo o Nomenclátor de Galiza son 180 os lugares que teñen no seu núcleo veiga ou os seus derivados. Na parroquia de Vilar de Infesta atópanse varios topónimos formados por veiga. No barrio da Igrexa están: A Veiga da Eira, A Veiga do Estrepeiral, Veiga da Faxarda. No barrio da Millarada están: As Veiguiñas, A Veigadeira, A Veiga do Regueiro, A Veiga de Abaixo, A Veiga Grande e As Veigas do Campo. O segundo formante do topónimo A Veiga do Estrepeiral é un derivativo colectivo formado sobre o substantivo estripeiro con pronunciación de [e] pretónico tre por asimilación ao ditongo [ei] tónico. O estripeiro (Crataegus monogyna), é unha especie de arbusto ou árbore fanerógama pertencente á familia das rosáceas. Por tanto, é espiñenta común nas fragas de Galiza, aínda que abunda en toda a Europa atlántica. Recibe tamén os nomes vulgares de estripo, escambrón, espiño albar ou espiño branco.No Catastro de Ensenada de 1756 rexístranse, dos actualmente vivos, "Veigadeira" como único lexema e "Veiga do Estrepeiral". Porén, alúdese a outros en desuso como son "Veiga da Veiga da Cira", "Veiga da Porta", "Veiga do Cabo", ?Veiga do Medio?.