Estremadoura



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Outeiro das Penas
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Un estremadouro ou estremadoura, variante dialectal da palabra estremadoiro, é a demarcación ou lindeiro que separa dúas propiedades. Provén do latín EXTREMATU, EXTREMATA "extremado", participio verbal do verbo latino EXTREMARE, en base a unha construción TERRA EXTREMATA. A esta base latina engádeselle o sufixo -oiro, -oira, que forma neste caso un substantivo a partir dunha base verbal (estremar), que na zona occidental de Galicia se desenvolve coa variante -ouro, -oura, tan presente na nosa toponimia con formas como Pousadouro, Pousadoura, Rapadouro, A Veiga do Lavadouro etc. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.